Rede de Lexicografía (RELEX)
A Rede de Lexicografía (RELEX) une a oito grupos do sistema
universitario galego (ROMANYCOM, GLEX, FILGA, HUMBOLDT,
ITALIANÍSTICA, Léxico e Lexicografía Especializada, TALG e
FRASEONET) e cinco de outras universidades (Lexicografía,
Lexicoloxía e Historiografía Lingüística da Universidad de La
Laguna; IULATERM, do IULA, Universitat Pompeu Fabra; LICEI, da
Università de Bologna, campus de Forlì; GRiLS, da Università di
Milano, e o grupo de Lexicografía Monolingüe e Bilingüe
Italiana, da Università di Torino). Todos teñen a lexicografía
entre as súas principais liñas de investigación.
RELEX ten como obxectivos impulsar a investigación e a docencia
en todas aquelas liñas de traballo relacionadas coa
lexicografía, promover a divulgación e a transferencia á
sociedade dos coñecementos e resultados emanados de ambas as
dúas actividades, potenciar a formación de docentes e
investigadores en lexicografía e favorecer a sinerxia e a
cooperación de todos aqueles grupos que traballan en dito
ámbito.
III Congreso InternacionaL RELEX
Lexicografía e didáctica
Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra, 25, 26 e 27 de
outubro de 2017
Máis
información